Preocupación.

Casa "Villa Galicia", sede social da histórica A.V. de LavadoresHai uns días, ao fío dunha noticia publicada no suplemento Vigo 4 Costados de Faro, comentei publicamente nas redes sociais a miña preocupación, como Secretario da FAVEC, arredor da problemática que afecta á AV de Lavadores, afirmando que:

De confirmarse o que denuncian varios ex-presidente e ex-directivos desta importante asociación veciñal, esa actuación non só non pode contar co meu aval nin respaldo, senón que é frontalmente incompatíbel co que a maioría do movemento veciñal quere e impulsa desde hai un ano na Federación Veciñal de Vigo. A reivindicación de democracia, independencia, transparencia e respecto á pluralidade non poden ser meras consignas, son valores que todas e todos debemos prácticar en todos os ámbitos, na federación e nas asociacións.

Unha carta ao director publicada hoxe en Faro de Vigo engade inda máis argumentos a esa preocupación. Se o que relatan foi o que sucedeu, retrata un xeito de proceder claramente antidemocrático que quen facemos parte da Comisión Permanente FAVEC non só non compartimos senón que mesmo combatemos na propia federación.

Desde o respecto fraterno e completo á independencia orgánica desa importante asociación veciñal, sen ánimo de intromisión algunha, só me cabe desexar que esta situación se resolva de xeito favorábel para a propia entidade e o conxunto do movemento veciñal no menor lapso de tempo posíbel.

Chuzame! A Facebook A Twitter

About Xabier P. Igrexas

Secretario da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" (FAVEC). Desde 1998 participa do movemento veciñal vigués. Neste blogue fala da cidade de Vigo e a súa veciñanza desde a óptica dalguén que fai parte do movemento veciñal.
This entry was posted in Movemento veciñal and tagged , , , . Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>