Sobre min

Nacín no barrio de Balaídos de Vigo no 1984. Desde 1998 participo da Asociación Veciñal “Val do Fragoso” da que son socio dende 1995, e na que fun asumindo diferentes responsabiliadades desde a vogalía de mocidade até a vicepresidencia.

Veño de ser elexido, desde o 26 de xuño de 2010, Secretario da Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” de Vigo.

Neste blogue falo da miña cidade e a súa veciñanza desde a óptica dalguén que fai parte do movemento veciñal.

Podes porte en contacto comigo en xabier (@) eduardochao.org