Cacheos antidemocráticos.

Hoxe o xornal LVG denunciaba que a Policía Local cacheou a varios compañeiros e compañeiras dos medios de comunicación no momento en que tentaban acceder ao Salón de Plenos.

Na miña opinión é impresentábel que desde o Goberno Municipal de Vigo se teime en dificultar arbitrariamente o acceso aos plenos, non só á veciñanza senón tamén á prensa.

En marzo desde a Federación Veciñal xa instamos ao Alcalde a rectificar estas medidas antidemocráticas que vulneran dereitos fundamentais, sen obter inda resposta. A Casa do Concello debe ser a casa de toda a veciñanza, mesmo daquela que discrepe do Goberno Municipal de turno. É unha cuestión esencial para poder falar de democracia municipal.

Acerca de Xabier P. Igrexas

Secretario da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" (FAVEC). Desde 1998 participa do movemento veciñal vigués. Neste blogue fala da cidade de Vigo e a súa veciñanza desde a óptica dalguén que fai parte do movemento veciñal.
Esta entrada foi publicada en Democracia, Dereitos e liberdades, Participación cidadá e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.