Preocupación.

Casa "Villa Galicia", sede social da histórica A.V. de LavadoresHai uns días, ao fío dunha noticia publicada no suplemento Vigo 4 Costados de Faro, comentei publicamente nas redes sociais a miña preocupación, como Secretario da FAVEC, arredor da problemática que afecta á AV de Lavadores, afirmando que:

De confirmarse o que denuncian varios ex-presidente e ex-directivos desta importante asociación veciñal, esa actuación non só non pode contar co meu aval nin respaldo, senón que é frontalmente incompatíbel co que a maioría do movemento veciñal quere e impulsa desde hai un ano na Federación Veciñal de Vigo. A reivindicación de democracia, independencia, transparencia e respecto á pluralidade non poden ser meras consignas, son valores que todas e todos debemos prácticar en todos os ámbitos, na federación e nas asociacións.

Sigue lendo

Publicado en Movemento veciñal | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Preocupación.

Somos federación.

Acabo de chegar da Asemblea Xeral Extraordinaria da FAVEC, que comezou ás 10:30h desta mañá, e na que o único punto da orde do día era a elección de nova Comisión Permanente.

A reunión arrancou coa tentativa da Comisión Permanente saínte, de que ao haber unha única candidatura presentada non se celebrase votación e fose “automaticamente” designada. Non estivemos de acordo, e intervín na asemblea defendendo que se votase, xa que é o único xeito no que as asociacións podían expresar libre e democraticamente o seu aval ou oposición á candidatura plural que presentaramos. Moi mal sinal sería principiar un mandato, que foi resultado dun proceso democrático de censura, sen que as asociación federadas manifestaran o seu acordo ou desacordo coa nova equipa. Queremos devolverlle o poder á asemblea, e hoxe tivemos a primeira oportunidade para o facer; e fixémolo.

Sigue lendo

Publicado en Movemento veciñal | Etiquetado , , , | 2 Comentarios

Exercicio de democracia.

Mañá sábado celebrarase, como xa comentei en entradas anteriores, unha Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Veciñal na que se escollerá a nova Comisión Permanente para os vindeiros catro anos. Podería parecer que ao só se presentar unha única candidatura, da que fago parte, a xuntanza de mañá é un mero trámite, porén o certo é que encerra unha profunda significación democrática.

A asemblea de mañá será un neto exercicio de sana democracia interna, que culminará un proceso democrático de censura iniciado a principios de ano coa elección dun novo equipo directivo. Pero o fundamental é que será a demostración indiscutíbel de que, como argumentei durante todos estes meses exercendo de portavoz das 19 asociacións calificadas de “críticas”, en democracia os mandatos dos órganos de dirección comezan e rematan cando o decide a maioría.

Sigue lendo

Publicado en Movemento veciñal | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en Exercicio de democracia.